Alugando vacas
Aprendo por Chuza! que en Navarra un grupo de emprendedores puxo en funcionamento unha empresa dedicada ao aluguer de galiñas poñedoras. A finalidade, ademais de darlle rango a galiña de animal de compañía (pasaría a ser válido no Scattergories) seica pasa por facer da educación medioambiental un xeito de subsistencia. O custe do servizo é de 63 euros mensuais (con opción a compra), incluíndo galiña, galiñeiro, comida e, por suposto, ovos frescos para a familia de acollida.

Agora ben unha familia non subsiste so a base de ovos, polo que non estaría demais que o noso conselleiro da cousa bovina, sr. Juárez, tomase o modelo navarro para desenrolar na Galiza unha política de aluguer de vacas de leite. Un medida que axudaría un pouco a aliviar a grave crise que está a sufrir o sector leiteiro galego.
Nun xardín onde pillan unhas galiñas tamén cabe unha vaca. Animal moito máis cariñoso, simpático e limpo que as galiñas que ademais proporciona á familia de acollida leite fresco do día a un prezo irrisorio en comparanza cos supermercados. A aprendizaxe de muxir a man solucionase cunhas clases rápidas online xa dispoñibles.
Os que vivides na cidade, en adosados ou en vivendas unifamiliares, non deixedes pasar a oportunidade de alugar unha vaca para o voso xardín.
Deja tu comentario