Represión policial nas Nogais

Para César que hoxe cumpre máis anos e tivo o mérito de sacar o DNI á primeira.


As forzas de represión colonial, en momentos de grande auxe do necionalismo ibérico, tenden a actuar de xeito contundente e desproporcionado contra a cidadanía galega.

O derradeiro episodio deste acoso sistemático ocorreu na localidade luguesa de As Nogais, cando a Garda Civil de Tráfico imputou a un veciño de 76 anos por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.

O veciño, home coñecido na bisbarra, na súa longa traxectoria como chofer nunca fora sancionado, nin tan sequera por mal aparcamento. A súa experiencia e pericia ao volante, polo tanto, son doadas de contrastar.

Poren Tráfico, nun control rutinario, dálle o alto e acúsao de ser un perigo para a seguridade vial. Decisión que toman os axentes de xeito arbitrario e, en calquera caso, moi discutible.

O suposto “delito” non parece tan grave. En todo caso, máis grave é a neglixencia do instituto armado por acordarse do tema cando o piloto xa cumpriu 76 primaveras.

Deja tu comentario

Nombre (requerido)

Mail (requerido)

Website