Lugo: Manual de Civismo para o século XIX

Non fai moitos días o xornal El Progreso informaba dun borrador que o goberno municipal de Lugo está a preparar para, segundo eles, garantir unhas normas mínimas de convivencia nas rúas.

O portavoz do goberno local de Lugo, José Rábade, acaba de pór data de caducidade ao molesto botellón. Este xoves, nunha rolda de prensa na que deu conta das reunións mantidas con dez colectivos da cidade para debater o borrador da ordenanza de civismo, Rábade dixo que as reunións nocturnas de mozas para beber alcol na rúa acabaranse en seis meses tras a entrada en vigor da normativa, que prevé multas de ata 3.000 euros.

O código de civismo da Alcaldía parece extraído dalgún documento municipal de fai dous séculos e as sancións semellan un pouco esaxeradas, sobre todo tendo en conta que, dende o Concello, non se dá solución ao problema de fondo nin se proporcionan espazos alternativos. Tamén é curioso que o consenso acadado por Orozco sexa con un total de dez colectivos cidadáns, que non se citan pero que un se imaxina de que pé coxean, habendo moitas máis asociacións na cidade da muralla, que non foron consultadas.

A ordenanza municipal non so ataca ao botellón. Tamén servirá para sancionar (ata 750 euros) por facer pintadas na rúa (incluso tendo permiso do propietario), pegar carteis sen autorización municipal (de 120 a 1.500 euros) ou para perseguir a mendicidade “agresiva”(?). Prohibirase tamén a venda ambulante, a prostitución e xogar na rúa.

O colectivo Madia Leva! Ven a denunciar todo isto no seguinte documento: “Non à Nova Ordenança Municipal do PSOE”.

Recórdame todo isto a unha noticia aparecida na prensa de Lugo o 17 de abril de 1915, na que se informaba que os gardas municipais detiñan a dous mozos por xogar á billarda na rúa San Roque, cousa daquela prohibida. E segundo parece, a partir de decembro deste ano, pode volver a repetirse a historia de represión a este deporte popular.

2 Respuestas a “Lugo: Manual de Civismo para o século XIX”

    Outra vez mais, a lei va en contra do home

    No Lugo capital teñen moita afición polos códigos de civismo

Deja tu comentario

Nombre (requerido)

Mail (requerido)

Website