O Vaticano, un condón no pene do cordura

O vídeo que estes días anda a circular polas corredoiras do Facebook, integramente producido por Intereconomía e protagonizado polo sancristán de Coimbra é unha comedia delirante. Ao mesmo tempo resulta tan absurda que non se pode discernir se os guionistas están baixo os efectos dalgún droga ou o espírito santo presentóuselles en forma de ornitorrinco en lugar de pomba.

Premede aquí, se queredes, para visionalo. Paga a pena.

Afírmase na produción con rotundidade que o clima africano non é axeitado para a conservación segura dos profilácticos, xa que se require de sitios frescos e secos. Non sei se é certo. Pero estou seguro de que a ausencia destas condicións ambientais poden facer que a hostia católica se converta nun alimento pouco recomendábel.

Outra das pegas que observan na xerarquía católica para criticar a difusión do condón no continente negro é a alta taxa de poboación analfabeta que, segundo eles, impediría un correcto entendemento do uso da goma. En fin, terán datos, supoño, das parellas do primeiro mundo que, antes de botar un polvo, se poñen a ler o manual de instrucións do Durex.

Hai xente mal pensada que cree que precisamente estas zonas con altas taxas de analfabetismo son caldo de cultivo para mensaxes de seitas relixiosas. Non ter capacidade para facer unha lectura crítica da Biblia e vivir na ignorancia do que supón o Vaticano é unha batalla ganada polo catolicismo en África.

En fin, seguiremos a falar de islamismo integrista pero este tipo de campañas non deixan de ser terrorismo católico.

3 Respuestas a “O Vaticano, un condón no pene do cordura”

    É un vídeo noxento e racista.

    Toda a canle e o grupo é merecedor de tales adxectivos

    [...] que xa falei do tratamento que dan ao uso dos condóns os bípedes de Intereconomía, non me resisto (agora que [...]

Deja tu comentario

Nombre (requerido)

Mail (requerido)

Website