A Castañoterapia

Tiven que abrir a web da Xunta para comprobalo. Efectivamente aínda existe unha Consellería do Medio Rural que incluso ten a fortuna de ter un conselleiro asignado. Chámanlle Samuel Juárez e prodigase menos polos medios de comunicación que o resto da aristocracia xunteira. Se cadra, agóchase para non ter que facer fronte os problemas que están a afundir ao sector leiteiro galego, entre outros moitos e variados. Juárez é mamífero co mérito de ter concedida a Gran Cruz da Orde do Mérito Pesqueiro. Claro que no medio rural, por moito que plantes percebes na horta non lles peta de prender.

O conto ven porque é sabido en toda a galaxia que Galiza é unha potencia mundial no universo da castaña. Máxime nestas datas en que os magostos invaden o país.

Mais como na cousa do Rural non se decatan da misa a medias, uns tipos de Salamanca xa patentaron a Castañoterapia para escarnio de todo galego que se prece.

E seguro que na Alberca, as castañas son das bravas e revellas.

1 Respuesta a “A Castañoterapia”

    Nos temos patentado o Castañazo. Oso sí que é terapia! ;)

Deja tu comentario

Nombre (requerido)

Mail (requerido)

Website