Bricolaxe básico para manifestacións
Elementos imprescindibles para armar estarabouzo en calquera manifestación, autóctonos e doados de fabricar.
Elementos imprescindibles para armar estarabouzo en calquera manifestación, autóctonos e doados de fabricar.

As cousas son como son e non como as quere pintar o presidente Feijoo e os seus acólitos, seres que habitan nunha realidade paralela e allea á sociedade galega.
Hoxe, mentres xantaba, o telexornal insistía cuspindo en que a folga e a manifestación de mañá son promovidas en exclusiva polo sector nacionalista galego. A intención evidente era a de desprestixiar unha convocatoria que vai alén de posicionamentos políticos e que incluso o propio decretazo gobernamental causa rexeitamento entre amplos sectores do PPdG.
Con independencia do que aconteza o xoves, a sociedade civil galega, individual e colectivamente, xa se posicionou para que a Xunta retire un texto que pon en perigo a supervivencia do noso idioma.
O conflito lingüístico era un fenómeno estraño na Galiza. Mais o desenrolo desequilibrado deste decreto provoca a imposición emerxente dun modelo inestábel que ameaza a cohesión social, a diversidade e a nosa identidade cultural.
A cidadanía estalle a mostrar a Feijoo que existen camiños alternativos pero a mutación radical que se apropiou da súa neurona converteuno en paladín do pensamento único. O neno acomplexado dos Peares xa iniciou o proceso de aniquilacion da lingua, sen agocharse, de costas á cidadanía, en beneficio duns poucos e en detrimento de todos.
A Xunta da verdade unidimensional trata de inocularnos o seu veleno directamente na vea. Os galegos temos que respostar. Terá que dar o brazo a torcer ou teremos que torcerllo coa lóxica dos plantexamentos para que rectifique e tire o decreto ao lixo, ao mesmo lixo de onde saíu.

Para aqueles que non poidan trasladarse a Compostela, Queremos Galego tamén organiza dous actos de apoio na cidade de Lugo.
O primeiro, alas 11:30h na Ronda da Muralla, diante do edificio multiusos da Xunta, orientado cara a mocidade estudantil.
O segundo, no mesmo lugar, alas 20:15h para que poida acudir toda a cidadanía.
Adiante co galego!

Aprendo en Galicia Profunda que as xentes que forman ese repelente colectivo de “yo no soy tonto”, con tendas abertas na Coruña e en Vigo, ofrecen o seu sitio web en castelán, en catalán e en éuscaro. Inspirados, se cadra, polas novas políticas lingüísticas de Feijoo, esqueceulles engadir o galego como opción. Non serán tontos pero teñen tódolos boletos do sorteo para parvos.
A imaxe é de Galicia Profunda

Seica para Feijoo o novo decreto do galego, impulsado pola Xunta, é un antídoto contra calquera xeito de extremismo. Completa, con esta lucida análise, as declaracións feitas anteriormente polo conselleiro Varela, nas que afirmaba non observar rexeitamento nin contestación social ao novo regulamento.
Tanto Feijoo como Roberto Varela deben ser alieníxenas que viven de costas á sociedade que din representar. Alieníxenas cegos e xordos.
O único extremismo que hai ao redor da lingua é o que emana dos pozos mouros da propia Xunta e dos seus satélites. O antídoto de Feijoo realmente é todo o contrario do que el afirma. É un alimento básico e fundamental para alimentar o odio contra a nosa lingua, contra a nosa identidade.
De calquera xeito, se defender o idioma propio do país e ser extremista, eu, cando menos, considérome tal. E ademais radical.

O decreto sobre o uso do galego na educación, que hoxe presentou a españolada da Xunta, reduce a presencia do noso idioma ao 33%. A medida, que parte da falacia dun conflito lingüístico inexistente, dálle a mesma porcentaxe ao castelán e ao inglés. Non sendo este último lingua oficial na Galiza, nin sequera na España tan admirada por Feijoo, non pode ser merecedor dos mesmos dereitos.
O decreto tamén incumpre o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística, adoptando unha medida involucionista que pode poñer en perigo a supervivencia do galego. Trátase dunha acción terrorista contra o máis valioso do noso patrimonio, contra o principal sinal de identidade que temos como pobo.
Dun xeito ou doutro, se non queremos ser fagocitados pola cultura castelá é preciso tombar o decreto.
A partir de hoxe, xa podemos falar con propiedade de verdadeira imposición lingüística. Iso si, do castelán.

Unha escola croata gasta 10.000 euros para protexer ao seu alumnado das forzas do mal. Unha dilixente directora empeñada en protexer as almas dos estudantes, unha labor nobre alén do esixible na docencia, inviste todo ese capital en talismáns para colocar nas aulas. As propiedades dos amuletos, con garantía de fabricación, pasan pola protección contra vampiros, enerxías satánicas e outras malas vibracións. Nin que dicir que a noticia é motivo de escándalo no universo coñecido.
Non entendo a recriminación que sofren este tipo de condutas por parte das autoridades educativas croatas. Sabedores do seu funcionamento, non serían aconsellables nas escolas galegas? Espantarían as enerxías tan negativas que transmiten os espíritos e os corpos presentes do conselleiro Vázquez e de Anxo Lorenzo.
Xa sei que na Galiza usan, seguindo ditados da xerarquía católica, o crucifixo como talismán. Pero logo de tantos anos pendurado nas paredes dos colexios, non semella ser tan efectivo como a solución croata.

.
Dende este blog non podemos máis que amosar a nosa solidaridade coa loita dos nosos irmáns da ORA-NH (Organizaçom Revolucionária Armada pola Nossa Hora). O feito de ser de Burela constata que A Mariña é unha das referencias da resistencia contra a españolada que intenta fagocitar a Galiza. Destacable e loable tamén que neste comunicado aparezan derriba da mesa un palán e unha billarda, símbolos da loita deportiva e social que a LNB (Liga Nacional de Billarda) está a espallar por todo o universo galaico.
Na Galiza na hora galega: un día máis, vintecinco horas menos.
.